Voo 707 de Aerolíneas Argentinas
Voo 707 de Aerolíneas Argentinas | |
---|---|
Avro 748 semellante ao do accidente
| |
Resumo | |
Data | 4 de febreiro de 1970 |
Causa | turbulencias |
Lugar | Loma Alta, Arxentina |
Coordenadas | |
Orixe | aeroporto Silvio Pettirossi |
Derradeira escala | aeroporto de Rosario-Illas Malvinas |
Destino | aeroporto Ministro Pistarini |
Finados | 37 |
Aeronave | |
Tipo de aeronave | Avro 748 |
Operador | Aerolíneas Argentinas |
Rexistro | LV-HGW |
Pasaxeiros | 33 |
Tripulación | 4 |
Superviventes | 0 |
O voo 707 de Aerolíneas Argentinas era un servizo internacional de pasaxeiros entre Asunción e Buenos Aires, con escalas en Formosa, Corrientes e Rosario, operado cun Avro 748-105 Srs. 1, con rexistro LV-HGW, chamado Ciudad de Bahía Blanca, que se esnafrou o 4 de febreiro de 1970 preto da cidade de Loma Alta, na Arxentina.[1][2]
Accidente
[editar | editar a fonte]Mentres se atopaba en ruta na terceira parte do seu percorrido entre o aeropuerto Doctor Fernando Piragine Niveyro e o aeroporto de Rosario-Illas Malvinas o avión voou cara a un cumulonimbus; os pilotos perderon o control do aparello despois de atoparse con fortes turbulencias e o avión esnafrouse contra o chan.[1] Os 37 ocupantes do aparello, 33 pasaxeiros e 4 tripulantes, morreron no accidente.[1]
Causa
[editar | editar a fonte]A perda de control do avión e a colisión co terreo debeuse a que o aparello que atopou cunha zona con condicións meteorolóxicas adversas e fortes turbulencias.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 Ranter, Harro. "ASN Aircraft accident Avro 748-105 Srs. 1 LV-HGW Loma Alta, CH". aviation-safety.net. Consultado o 2018-12-11.
- ↑ "Accident and incident review: February and March, 1970". Flight International. Consultado o 2018-12-11.